BomberOpo
⭐ Premium

📝 Exámenes oficiales de bombero del Concello de Santiago de Compostela

Aquí tienes los exámenes oficiales de bombero del Concello de Santiago de Compostela (2024): las preguntas del cuestionario tal como las publicó el Tribunal y su plantilla definitiva, con el enlace al PDF oficial. En BomberOpo los haces online con el tiempo del examen y se corrigen con esa plantilla y la penalización de las bases. El más reciente está resuelto gratis más abajo; los demás, con Premium.

🚨 Hacer un examen oficial online

Exámenes del Concello de Santiago de Compostela

Examen oficial 2024 · Primera prueba (bombero/a conductor/a C2), resuelto

Es el examen anterior de tu mismo Concello: la primera prueba de la plaza de bombero/a conductor/a C2 de 2021, hecha el 21/05/2024 en el CERSIA. El temario era el mismo que el tuyo de 2026 y está en gallego, como el original (en tu examen podrás pedirlo en castellano). Eran 70 preguntas con cuatro opciones y 10 de reserva; cada acierto sumaba 0,1 y cada fallo restaba 0,05 (dos fallos quitan un acierto). Las preguntas 19 a 28 son del municipio (calles, barrios, parroquias, carreteras y rutas desde el parque) y te sirven tal cual. El tribunal anuló la 7 y la 39 (resolución de 3/06/2024), que sustituyen las reservas 71 y 72; las demás de reserva (73 a 80) no computan. La 71 da como superficie del término 223 km²; el IGE da hoy 220,01 km². El tiempo que había para hacerlo no consta en lo publicado; en 2026 el test de C2 (70 + 10) es de 80 minutos y el de C1 (90 + 10), de 100.

  1. Que artigos compoñen o Título I da Constitución Española?

    1. Do 14 ao 28
    2. Do 9 ao 55
    3. Do 10 ao 55
    4. Do 11 ao 55
    Respuesta de la plantilla

    C) Do 10 ao 55

  2. Cal dos seguintes son fundamentos da orde política e a paz social, segundo o artigo 10 da Constitución Española?

    1. O libre desenvolvemento da personalidade
    2. A dignidade da persoa e os dereitos inviolables que lle son inherentes
    3. Todas son correctas
    4. O respecto á lei e aos dereitos dos demais
    Respuesta de la plantilla

    C) Todas son correctas

  3. Na sucesión no trono de España

    1. No mesmo sexo, preferirase a persoa de menos idade
    2. Na mesma liña, preferirase o grao máis remoto
    3. Preferirase sempre a liña anterior ás posteriores
    4. Todas son correctas
    Respuesta de la plantilla

    C) Preferirase sempre a liña anterior ás posteriores

  4. A forma e casos nos que poderán suspenderse dereitos para persoas determinadas, en relación coas investigacións correspondentes á actuación de bandas armadas ou elementos terroristas, haberá de regularse:

    1. Mediante unha lei orgánica
    2. Mediante unha lei ordinaria
    3. Mediante un decreto-lei
    4. Mediante decisión xudicial
    Respuesta de la plantilla

    A) Mediante unha lei orgánica

  5. Segundo a Constitución Española, o Congreso dos Deputados componse de:

    1. Un mínimo de 300 e un máximo de 400
    2. 350 deputados/as
    3. 400 deputados/as
    4. Un mínimo de 250 e un máximo de 400
    Respuesta de la plantilla

    A) Un mínimo de 300 e un máximo de 400

  6. O presidente do Goberno dirixe a súa acción e coordina as funcións dos demais membros:

    1. Sen prexuízo da competencia e responsabilidade directa destes na súa organización
    2. Sen prexuízo da competencia e responsabilidade directa destes na súa xestión
    3. Sen prexuízo da competencia e responsabilidade indirecta destes na súa organización
    4. Co prexuízo da competencia e responsabilidade directa destes na súa organización
    Respuesta de la plantilla

    B) Sen prexuízo da competencia e responsabilidade directa destes na súa xestión

  7. De acordo co artigo 112 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, contra as resolucións e actos de trámite, se estes últimos deciden directa ou indirectamente o fondo do asunto, determinan a imposibilidade de terminar de continuar o procedemento, producen indefensión, ou prexuízo irreparable aos dereitos e intereses lexítimos, poderá interporse polos interesados:

    1. Os recursos de alzada e potestativo de reposición
    2. Os recursos de alzada e extraordinario de revisión
    3. Os recursos potestativos de reposición e extraordinario de revisión
    4. Exclusivamente recurso de alzada

    Anulada por el Tribunal.

  8. Segundo o artigo 87 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acordo de actuacións complementarias notificarase aos interesados e concederáselles un prazo para formular alegacións que teñan por pertinentes tras a súa finalización. Este prazo será de:

    1. Quince días
    2. Dez días
    3. Sete días
    4. Vinte días
    Respuesta de la plantilla

    C) Sete días

  9. Como se denomina o título III da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

    1. Requisitos dos actos administrativos
    2. Do procedemento administrativo
    3. Dos actos administrativos
    4. Da revisión dos actos en vía administrativa
    Respuesta de la plantilla

    C) Dos actos administrativos

  10. Segundo o artigo 40.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, toda notificación deberá ser cursada

    1. Dentro do prazo dun mes a partir da data en que o acto fose ditado
    2. Dentro do prazo de dez días a partir da data en que o acto fose ditado
    3. Dentro do prazo de quince días a partir da data en que o acto fose ditado
    4. Dentro do prazo de quince días a partir da data en que o acto fose publicado
    Respuesta de la plantilla

    B) Dentro do prazo de dez días a partir da data en que o acto fose ditado

  11. Entre os dereitos de carácter individual que teñen as persoas empregadas públicas, segundo o artigo 71 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia está o dereito:

    1. Á liberdade de expresión sen límite algún
    2. Á mobilidade na condición de persoa funcionaria de carreira
    3. A participar na consecución dos obxectivos atribuídos á unidade onde presta os seus servizos e a ser informada polos seus superiores das tarefas que ten que desenvolver
    4. Todas as respostas son correctas
    Respuesta de la plantilla

    C) A participar na consecución dos obxectivos atribuídos á unidade onde presta os seus servizos e a ser informada polos seus superiores das tarefas que ten que desenvolver

  12. Os trienios configúranse como un dereito económico, e clasifícanse en:

    1. Soldo
    2. Retribucións básicas
    3. Paga extraordinaria
    4. Complemento salarial
    Respuesta de la plantilla

    B) Retribucións básicas

  13. As persoas empregadas públicas clasifícanse en:

    1. Exclusivamente en funcionarias de carreira e interinas
    2. Funcionarias de carreira; funcionarias interinas, persoal laboral, excepto a contratada temporalmente e o persoal eventual
    3. Funcionarias de carreira, funcionarias interinas, persoal laboral e o persoal eventual
    4. Funcionarias de carreira, funcionarias interinas, persoal laboral, excepto o persoal eventual
    Respuesta de la plantilla

    C) Funcionarias de carreira, funcionarias interinas, persoal laboral e o persoal eventual

  14. Cal das seguintes afirmacións sobre a alteración dos termos municipais é falsa?

    1. Regúlase pola lexislación das comunidades autónomas sobre réxime local
    2. Precisa ditame do Consello do Estado
    3. Require audiencia de todos os municipios interesados
    4. Só en casos excepcionais poderá supor modificación dos termos municipais
    Respuesta de la plantilla

    D) Só en casos excepcionais poderá supor modificación dos termos municipais

  15. A atribución de competencias aos municipios para garantir a efectividade das súas autonomías, efectuarase con arranxo aos principios de:

    1. Descentralización, proximidade, eficacia e eficiencia, con estrita suxeición á normativa de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira
    2. Descentralización, subordinación, dependencia e eficacia, con estrita suxeición ao principio de transparencia e de e sustentabilidade financeira
    3. Descentralización, dependencia, eficacia e eficiencia, con estrita suxeición á normativa de estabilidade orzamentaria e transparencia
    4. Subordinación, dependencia, eficacia e eficiencia, con estrita suxeición á normativa de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira
    Respuesta de la plantilla

    A) Descentralización, proximidade, eficacia e eficiencia, con estrita suxeición á normativa de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira

  16. Sinale cal das seguintes materias é competencia propia do municipios:

    1. Todas son competencias propias dos municipios
    2. Arquivos museos bibliotecas e demais coleccións de natureza análoga que non sexan de titularidade estatal
    3. Cemiterio e actividades funerarias
    4. Regulación e aprobación de plans e programas específicos dirixidos a persoas e colectivos en situación de necesidade social
    Respuesta de la plantilla

    C) Cemiterio e actividades funerarias

  17. O persoal funcionario público ten dereito a un permiso por traslado de domicilio de:

    1. Dous días naturais de duración se o traslado ten lugar dentro da mesma localidade e de catro días naturais se implica cambio de residencia
    2. Un día natural de duración se o traslado ten lugar dentro da mesma localidade e de dous días naturais se implica cambio de residencia
    3. Tres días naturais de duración se o traslado ten lugar dentro da mesma localidade e de cinco días naturais se implica cambio de residencia
    4. Todas son incorrectas
    Respuesta de la plantilla

    B) Un día natural de duración se o traslado ten lugar dentro da mesma localidade e de dous días naturais se implica cambio de residencia

  18. O artigo 6 da Lei Orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes. en relación coa discriminación por razón de sexo, diferencia entre discriminación:

    1. Persoal ou colectiva
    2. Puntual ou permanente
    3. Directa ou indirecta
    4. Todas as respostas son correctas
    Respuesta de la plantilla

    C) Directa ou indirecta

  19. Sitúa a rúa da Conga:

    1. Desde a rúa San Paio de Antealtares a rúa de Fonseca
    2. Desde a praza de Feixó a praza da Quintana
    3. Desde a praza de Feixó a praza das Praterías
    4. Ningunha é correcta
    Respuesta de la plantilla

    C) Desde a praza de Feixó a praza das Praterías

  20. Sitúa a rúa do Preguntoiro e o seu sentido de circulación:

    1. Praza de Cervantes a rúa da Caldeirería
    2. Praza de Cervantes a rúa de Xelmírez
    3. Praza de Cervantes a rúa do Castro
    4. Praza de Cervantes a rúa das Orfas
    Respuesta de la plantilla

    C) Praza de Cervantes a rúa do Castro

  21. Para acceder á praza da Pescadería Vella, poderedes facelo por:

    1. Cantón de San Bieito
    2. Praza de Santo Agostiño
    3. Travesa da Pescadería Vella
    4. Todas son correctas
    Respuesta de la plantilla

    D) Todas son correctas

  22. Sitúa a rúa do Pintor Urbano Lugrís:

    1. Discorre paralela á rúa do Pintor Juan Luís
    2. Perpendicular á rúa do Pintor Laxeiro
    3. Paralela á rúa de Amor Ruibal
    4. Paralela á rúa do Escultor Camilo Otero
    Respuesta de la plantilla

    A) Discorre paralela á rúa do Pintor Juan Luís

  23. En que barrio da cidade podemos atopar a praza da Concordia?:

    1. San Lázaro
    2. As Fontiñas
    3. Vite
    4. San Caetano
    Respuesta de la plantilla

    A) San Lázaro

  24. O lugar de O Aramio, pertence a:

    1. Marrozos
    2. Aríns
    3. Bando
    4. Ningunha é correcta
    Respuesta de la plantilla

    B) Aríns

  25. Sitúa o Hotel NH Obradoiro:

    1. Avda. de Xoán XXIII
    2. Avda. de Castelao
    3. Avda. de Rodrigo de Padrón
    4. Avda. do Burgo das Nacións
    Respuesta de la plantilla

    D) Avda. do Burgo das Nacións

  26. Sitúa a Facultade de Química:

    1. Avda. da Coruña
    2. Avda. das Ciencias
    3. Avda. das Burgas
    4. Avda. de Vigo
    Respuesta de la plantilla

    B) Avda. das Ciencias

  27. Respectando sempre as normas de circulación vixentes, realiza un percorrido desde o parque de bombeiros para extinguir un incendio no Parlamento de Galicia:

    1. Avda. de Rodríguez de Viguri, avda. de Lugo e rúa do Hórreo
    2. Avda. de Rodríguez de Viguri, praza de España, rúa de San Caetano, praza da Paz e rúa de Otero Pedraio
    3. Avda. de Rodríguez de Viguri, avda. de Lugo, rúa de Ramón Piñeiro e rúa do Hórreo
    4. Avda. de Rodríguez de Viguri, rúa de Anxo Casal e rúa de Otero Pedraio
    Respuesta de la plantilla

    A) Avda. de Rodríguez de Viguri, avda. de Lugo e rúa do Hórreo

  28. Con que localidades conecta a AC- 543?:

    1. Santiago de Compostela e A Estrada
    2. Santiago de Compostela e Vila de Cruces
    3. Santiago de Compostela e Noia
    4. Santiago de Compostela e Ribeira
    Respuesta de la plantilla

    C) Santiago de Compostela e Noia

  29. O máximo común divisor de 200 e 240 é:

    1. 200
    2. 40
    3. 240
    4. 1200
    Respuesta de la plantilla

    B) 40

  30. Un ciclista a 20 km/h, tarda 30 minutos en ir dun pobo á aldea veciña. Canto tardará un motorista a 50 Km/h?

    1. 12
    2. 75
    3. 24
    4. 120
    Respuesta de la plantilla

    A) 12

  31. Un exemplo de magnitude derivada é:

    1. A lonxitude
    2. O volume
    3. Masa
    4. Tempo
    Respuesta de la plantilla

    B) O volume

  32. Para calcular a densidade dunha substancia:

    1. Multiplicamos a súa masa polo seu volume
    2. Dividimos a súa masa entre o seu volume
    3. Dividimos o seu volume entre a súa masa
    4. Ningunha das anteriores
    Respuesta de la plantilla

    B) Dividimos a súa masa entre o seu volume

  33. Nunha mestura homoxénea ou disolución

    1. A súa composición é idéntica en toda a mestura pero as súas propiedades non
    2. As súas propiedades son idénticas en toda a mestura pero a súa composición non
    3. A súa composición e propiedades son idénticas en toda a mestura
    4. Ningunha das anteriores é correcta
    Respuesta de la plantilla

    C) A súa composición e propiedades son idénticas en toda a mestura

  34. A folla de cálculo é unha táboa de dobre entrada formada por filas e columnas. A cela B7 corresponde:

    1. A intersección da columna B e a fila 7
    2. A intersección da fila B e a columna 7
    3. A intersección da columna A e a fila 6
    4. A intersección da fila A e a columna 6
    Respuesta de la plantilla

    A) A intersección da columna B e a fila 7

  35. Ante unha situación de atragoamento, en caso de obstrución de vía aérea leve, débese:

    1. Animar a vítima a seguir tusindo
    2. Dar ata 5 golpes nas costas
    3. Realizar a manobra de Heimlich.
    4. Tombar a vítima no chan e iniciar RCP
    Respuesta de la plantilla

    A) Animar a vítima a seguir tusindo

  36. Coñécese co nome de epistaxe :

    1. Saída de sangue polo oído
    2. Saída de sangue polo nariz
    3. Unha hemorraxia xeneralizada
    4. Ningunha das anteriores
    Respuesta de la plantilla

    B) Saída de sangue polo nariz

  37. A clasificación das distintas clases de lume establécea:

    1. A norma UNE-EU 2
    2. A norma UNE 23900
    3. A norma UNE 13934
    4. A norma UNE-EN 2
    Respuesta de la plantilla

    D) A norma UNE-EN 2

  38. Como de denomina a técnica de establecer un fluxo de gases que non atravesa o foco do incendio con obxecto de expulsar fóra do recinto de incendio os gases de incendio acumulados na estrutura

    1. Ventilación natural
    2. Ventilación por presión positiva defensiva
    3. Ventilación por presión positiva ofensiva
    4. Ventilación por presión negativa
    Respuesta de la plantilla

    B) Ventilación por presión positiva defensiva

  39. Cal é a relación entre a perda de carga con respecto ao diámetro dunha mangueira:

    1. directamente proporcional
    2. inversamente proporcional
    3. directamente proporcional ao cadrado
    4. inversamente proporcional ao cadrado

    Anulada por el Tribunal.

  40. Escolle a opción correcta:

    1. 1 bar > 1 atm > 1 Kg/cm2
    2. 1 Kg/cm2 > 1 atm > 1 bar
    3. 1 bar = 1 atm = 1 Kg/cm2
    4. 1 atm > 1 bar > 1 Kg/cm2
    Respuesta de la plantilla

    D) 1 atm > 1 bar > 1 Kg/cm2

  41. A prensa hidráulica é unha aplicación do:

    1. Principio de Arquímedes.
    2. Principio de Torricelli.
    3. Principio de Bernuolli.
    4. Principio de Pascal.
    Respuesta de la plantilla

    D) Principio de Pascal.

  42. O caudal ininterrompido mínimo que ten que fornecer cada boca de hidrante contra incendios será de:

    1. 1000 l/min
    2. 100 l/min en zonas urbanas e 500 l/min no resto
    3. 500 l/ min
    4. 1500 l/min
    Respuesta de la plantilla

    C) 500 l/ min

  43. Segundo o Código técnico da edificación, os edificios cuxo uso previsto sexa o de “residencial público” deberán dispor de columna seca:

    1. Se a altura de evacuación excede de 24 metros
    2. Se a altura de evacuación excede de 15 metros
    3. Se existen máis de tres plantas baixo rasante
    4. En todo caso
    Respuesta de la plantilla

    A) Se a altura de evacuación excede de 24 metros

  44. Para facilitar o seu manexo, a lonxitude máxima da mangueira das BIE con mangueira plana será de:

    1. 15 metros
    2. 25 metros
    3. 30 metros
    4. 20 metros
    Respuesta de la plantilla

    D) 20 metros

  45. Na instalación eléctrica dun edificio, a liña xeral de alimentación:

    1. Enlaza a rede de distribución coa caixa xeral de protección
    2. Enlaza a caixa xeral de protección coa centralización de contadores
    3. Fornece enerxía eléctrica a unha instalación de usuario
    4. Ningunha é correcta
    Respuesta de la plantilla

    B) Enlaza a caixa xeral de protección coa centralización de contadores

  46. O dispositivo do cadro xeral de distribución dunha vivenda que protexe contra contactos eléctricos indirectos é o:

    1. Interruptor xeneral automático (IGA)
    2. Interruptor de control de potencia (ICP)
    3. Interruptor diferencial xeral (IDG)
    4. Pequeno interruptor automático (PIA)
    Respuesta de la plantilla

    C) Interruptor diferencial xeral (IDG)

  47. Cal será o volume final que ocuparán 50 litros dun gas presurizado a 2 bares se aumentamos esa presión a 5 bares mantendo a temperatura constante?

    1. 20 litros
    2. 30 litros
    3. 20 dm³
    4. a e c son correctas
    Respuesta de la plantilla

    D) a e c son correctas

  48. Cal é a densidade relativa do CO2 respecto ao aire:

    1. 2
    2. 0.8
    3. 1
    4. 1.5
    Respuesta de la plantilla

    D) 1.5

  49. O chifre de alarma de baixa presión nos equipos de respiración autónoma (ERAS) está conectado:

    1. Á etapa de baixa presión
    2. Á etapa de media presión
    3. Á etapa de alta presión
    4. Ningunha das anteriores
    Respuesta de la plantilla

    C) Á etapa de alta presión

  50. Que significado ten o número de identificación de perigo X482 que aparece no panel laranxa dunha substancia perigosa:

    1. Materia sólida, que reacciona perigosamente coa auga, desprendendo gases inflamables
    2. Materia sólida e corrosiva, que reacciona perigosamente coa auga, desprendendo gases corrosivos
    3. Materia sólida, que reacciona coa auga, desprendendo gases tóxicos
    4. Materia sólida, que reacciona perigosamente coa auga, desprendendo gases corrosivos
    Respuesta de la plantilla

    D) Materia sólida, que reacciona perigosamente coa auga, desprendendo gases corrosivos

  51. Unha avaría ou accidente no que o vehículo ou convoi de transporte non pode continuar a marcha, pero o continente das materias perigosas transportadas está en perfecto estado e non se produciu envorco ou descarrilamento, considérase un accidente no transporte de mercadorías perigosas de tipo:

    1. Tipo 0
    2. Tipo 1
    3. Tipo 2
    4. Tipo 3
    Respuesta de la plantilla

    B) Tipo 1

  52. O ADR define “botella” como:

    1. recipiente a presión, dunha capacidade (en auga ) non superior a 150 litros
    2. recipiente a presión, dunha capacidade (en auga ) inferior a 150 litros
    3. envase cilíndrico composto cunha envolvente interior de aceiro soldado
    4. recipiente a presión soldado, de capacidade superior a 150 litros e menor de 1000 litros
    Respuesta de la plantilla

    A) recipiente a presión, dunha capacidade (en auga ) non superior a 150 litros

  53. Nun sistema de panca, como se denomina a distancia perpendicular entre o fulcro e o punto onde se atopa a resistencia?:

    1. Brazo de potencia
    2. Brazo de resistencia
    3. Punto de apoio
    4. Falso, non existe esa distancia
    Respuesta de la plantilla

    B) Brazo de resistencia

  54. As cordas dinámicas simples non deben ter unha elongación estática superior:

    1. Ao 15% nunha única peza de corda
    2. Ao 12% nunha única peza de corda
    3. Ao 10% nunha única peza de corda
    4. Ao 8% nunha única peza de corda
    Respuesta de la plantilla

    C) Ao 10% nunha única peza de corda

  55. Que indica a euroclase identificada polas siglas B s2 d2?:

    1. Contribución limitada ao lume, cunha cantidade e velocidade alta de emisión de fumes e unha caída alta de pingas inflamadas
    2. Contribución en grao menor ao lume, cunha cantidade e velocidade media de emisión de fumes e unha caída alta de pingas inflamadas
    3. Contribución media ao lume, cunha cantidade e velocidade alta de emisión de fumes e unha caída baixa de pingas inflamadas
    4. Contribución moi limitada ao lume, cunha cantidade e velocidade media de emisión de fumes e unha caída alta de pingas inflamadas
    Respuesta de la plantilla

    D) Contribución moi limitada ao lume, cunha cantidade e velocidade media de emisión de fumes e unha caída alta de pingas inflamadas

  56. Segundo o RD 842/2013, a escala de tempos normalizada dos elementos construtivos tendo en conta o elemento de que se trate pode ser de:

    1. 15, 20, 30, 60, 90, 120, 180, 240 e 360 minutos.
    2. 15, 30, 45, 60, 90, 120, 180, 240 e 360 minutos
    3. 15, 20, 30, 45, 60, 90, 120, 180, 240 e 360 minutos
    4. Ningunha é correcta
    Respuesta de la plantilla

    C) 15, 20, 30, 45, 60, 90, 120, 180, 240 e 360 minutos

  57. A peza de madeira prismática cuadrangular que actúa de tope nun apontoamento, cuxa misión é absorber o empurre de elementos inclinados, denomínase:

    1. Barrote
    2. Tope
    3. Tirante
    4. Ponte
    Respuesta de la plantilla

    B) Tope

  58. Que elemento dos descritos se usará para medir gretas?

    1. O flexómetro
    2. O fluidificador
    3. O fisurómetro
    4. O fluxor
    Respuesta de la plantilla

    C) O fisurómetro

  59. Os vehículos autoescadas xiratorias deben de cumprir cos requisitos de seguridade contemplados na norma UNE EN 1846 (partes 2 e 3). Que norma deben cumprir as escaleiras pivotantes con movementos combinados?:

    1. UNE EN 14046
    2. UNE EN 14045
    3. UNE EN 14044
    4. UNE EN 14043
    Respuesta de la plantilla

    D) UNE EN 14043

  60. Se un vehículo de bombeiros está obrigado a dispor dun avisador acústico automático que comece a funcionar cando se axuste a marcha atrás, Cal será o nivel sonoro que deberá proporcionar o devandito dispositivo?:

    1. 60 dB
    2. 73 dB
    3. 90 dB
    4. 95 dB
    Respuesta de la plantilla

    B) 73 dB

  61. Fórmase durante a noite, a medida que o aire próximo ao chan arrefríase máis rápido que o das capas máis altas. Como se denomina este fenómeno?:

    1. Quecemento por condución
    2. Inversión de alta montaña
    3. Inversión marítima
    4. Inversión térmica
    Respuesta de la plantilla

    D) Inversión térmica

  62. A que ferramenta utilizada en incendios forestais se lle chama Pulaski?:

    1. A unha machada aixada
    2. A unha machada anciño
    3. A un anciño aixada
    4. A ningún dos anteriores
    Respuesta de la plantilla

    A) A unha machada aixada

  63. Segundo a Lei de PRL, enténdese por prevención:

    1. A posibilidade de que un traballador sufra un determinado dano derivado do traballo
    2. As enfermidades patoloxías ou lesións sufridas con motivo ou ocasión do traballo
    3. O conxunto de actividades ou medidas adoptadas ou previstas en todas as fases de actividade da empresa, co fin de evitar ou diminuír os riscos derivados do traballo
    4. Se elixe esta opción é que ningunha das respostas anteriores é correcta
    Respuesta de la plantilla

    C) O conxunto de actividades ou medidas adoptadas ou previstas en todas as fases de actividade da empresa, co fin de evitar ou diminuír os riscos derivados do traballo

  64. Segundo o especificado na Lei de PRL, calquera característica do traballo que poida ter unha influencia significativa na xeración de riscos para a seguridade e a saúde da persoa traballadora, entenderase como:

    1. Medio de traballo
    2. Risco laboral
    3. Mapa de riscos
    4. Condición de traballo
    Respuesta de la plantilla

    D) Condición de traballo

  65. A interconexión dos Plans de Emerxencia, segundo o Platerga, denomínase:

    1. Nivel operativo
    2. Risco potencial da emerxencia
    3. Interfase
    4. Dispositivo
    Respuesta de la plantilla

    C) Interfase

  66. O nivel IG (Interese galego), corresponde a un ámbito xeográfico:

    1. Local ou supralocal
    2. Local, supralocal ou provincial
    3. Local, supralocal ou autonómico
    4. Local, supralocal, provincial ou autonómico
    Respuesta de la plantilla

    D) Local, supralocal, provincial ou autonómico

  67. Segundo a normativa actual o peso máximo dunha ferramenta hidráulica de rescate deseñada para ser utilizada por unha persoa non debe ser superior:

    1. A 15 Kg
    2. A 20 Kg
    3. A 25 Kg
    4. A 30 Kg
    Respuesta de la plantilla

    C) A 25 Kg

  68. Segundo a norma UNE EN 1846. O ángulo formado polo plano horizontal de contacto co chan e a tanxente aos pneumáticos das rodas máis traseiras nun vehículo contra incendios, de forma que ningunha parte ríxida situada detrás do último eixe de rodas se atope entre estes planos, medidos cando o vehículo está coa súa masa total en carga, denomínase:

    1. Ángulo de rampla
    2. Ángulo de saída
    3. Ángulo de aproximación
    4. Ángulo de plano anterior
    Respuesta de la plantilla

    B) Ángulo de saída

  69. No transcurso dun incendio forestal é frecuente a proxección a distancia da fronte do lume de partículas vexetais incandescentes denominadas muxicas, que poden producir incendios secundarios fóra do perímetro do incendio principal. Como se denomina este fenómeno?:

    1. Foco xemelgo
    2. Incendio copiado
    3. Salto de chama
    4. Salto de lume
    Respuesta de la plantilla

    D) Salto de lume

  70. No sistema hidráulico de mangueira única CORE, as liñas de impulsión e de retorno están dispostas:

    1. Lateralmente
    2. Por cores
    3. Excentricamente
    4. Concentricamente
    Respuesta de la plantilla

    D) Concentricamente

  71. Cal é a superficie do Concello Santiago de Compostela?:

    1. 185 km²
    2. 352 km²
    3. 158 km²
    4. 223 km²
    Respuesta de la plantilla

    D) 223 km²

  72. Respectando sempre as normas de circulación vixentes, tomar un percorrido desde o parque de bombeiros para realizar un simulacro na Escola Infantil “Os Picariños”:

    1. Avda. de Rodríguez de Viguri, rúa do Hórreo, rúa da República Arxentina, praza do Doutor Puente Castro e rúa da Rosa
    2. Avda. de Rodríguez de Viguri, avda. de Lugo, rúa do Hórreo, rúa da República do Salvador, rúa do Doutor Teixeiro, praza do Doutor Puente Castro, rúa da Rosa e rúa de Santiago León de Caracas
    3. Avda. de Rodríguez de Viguri, avda. de Lugo, rúa do Hórreo, rúa de San Pedro de Mezonzo e rúa da Rosa
    4. Ningunha é correcta
    Respuesta de la plantilla

    C) Avda. de Rodríguez de Viguri, avda. de Lugo, rúa do Hórreo, rúa de San Pedro de Mezonzo e rúa da Rosa

  73. As dimensións habituais (ancho por alto) do panel laranxa son:

    1. 50 x 30
    2. 45 x 30
    3. 40 x 30
    4. 50 x 35
    Respuesta de la plantilla

    C) 40 x 30

  74. Se nos din que para mover unha carga imos utilizar unha máquina onde a forza aplicada é igual á metade da resistencia. A que elemento estamos a referirnos?:

    1. A unha polea
    2. A unha panca
    3. A unha polea móbil
    4. A ningunha das anteriores
    Respuesta de la plantilla

    C) A unha polea móbil

  75. Segundo o art. 127 da Lei 2/2015 de 29 de abril, do emprego público de Galicia, indica a resposta falsa sobre as licenzas por asuntos propios:

    1. Concédense sen retribución
    2. A concesión está subordinada, en todo caso, ao informe favorable do órgano competente en materia de persoal
    3. Ten unha duración acumulada que non excederá de tres meses cada dous anos de prestación de servizos efectivos
    4. A concesión está subordinada, en todo caso, ás necesidades do servizo
    Respuesta de la plantilla

    B) A concesión está subordinada, en todo caso, ao informe favorable do órgano competente en materia de persoal

  76. Se a continuación dunha mangueira axustamos outra cuxo diámetro é a metade, a velocidade da auga multiplicarase por:

    1. 1.5
    2. 2
    3. 3,3
    4. 4
    Respuesta de la plantilla

    D) 4

  77. Nos modelos de combustibles de Rothermel, os modelos do 1 ao 3, pertencen ao grupo de :.

    1. Matogueira
    2. Restos de operacións silvícolas
    3. Follaxe baixo arboredo, ramallada
    4. Pastos
    Respuesta de la plantilla

    D) Pastos

  78. Indica cal é a correcta:

    1. O persoal funcionario ten dereito, por ano completo de servizos, a vacacións retribuídas de, como mínimo, vinte e dous días naturais anuais ou dos días que correspondan proporcionalmente ao tempo de servizos efectivos
    2. O persoal funcionario ten dereito, por ano completo de servizos, a vacacións retribuídas de, como máximo, vinte e dous días naturais anuais ou dos días que correspondan proporcionalmente ao tempo de servizos efectivos
    3. O persoal funcionario ten dereito, por ano completo de servizos, a vacacións retribuídas de, como máximo, vinte e dous días hábiles anuais ou dos días que correspondan proporcionalmente ao tempo de servizos efectivos
    4. O persoal funcionario ten dereito, por ano completo de servizos, a vacacións retribuídas de, como mínimo, vinte e dous días hábiles anuais ou dos días que correspondan proporcionalmente ao tempo de servizos efectivos
    Respuesta de la plantilla

    D) O persoal funcionario ten dereito, por ano completo de servizos, a vacacións retribuídas de, como mínimo, vinte e dous días hábiles anuais ou dos días que correspondan proporcionalmente ao tempo de servizos efectivos

  79. Cal é a eficiencia mínima para un extintor portátil que se esixe no Código técnico da edificación:

    1. 21A - 113B
    2. 27A – 113B
    3. 21A – 89B
    4. 55A – 233B
    Respuesta de la plantilla

    A) 21A - 113B

  80. A susceptibilidade ou predisposición dun elemento ou sistema de ser afectado, denomínase:

    1. Ameaza
    2. Risco
    3. Vulnerabilidade
    4. Dano
    Respuesta de la plantilla

    C) Vulnerabilidade

Todos los exámenes oficiales de bombero

Fuente: web oficial de cada convocante. BomberOpo es una web privada de estudio, no oficial.